TORRE DE HÉRCULES:

Atópase situada ó norte da península coruñesa, construída no século II, na época do emperador Trajano. Ubícase sobre solo rocoso, a súa pranta cadrada ten unha altura de 68 m. A Torre ten tres corpos, e o entorno da Torre converteuse nun parque en honra a Hércules. A escaleira para acceder a súa parte superior consta de 242 escalóns.

 
 

PALACIO DE CONGRESOS:

Ubicado nunha antiga canteira do popular parque de Santa Margarita, elevou de categoria o espacio urbán que o rodeaba, o mesmo tempo que xeneraba unha bonita perspectiva observable dende os Xardíns de Méndez Núñez, no corazón da cidade. Dende entón, este magnifico edificio compaxina actividades congresuais y musicais.

 
 

CASA DOS PEIXES:

O acuario do Fin do mundo é un lugar para namorarse... do mar. Contén, ademaus do Gabinete do Capitán Nemo, sumerxido na piscina mais grande de Europa, elementos museísticos que propoñen experiencias tales coma toca-la superficie de estrelas de mar ou de rodaballos e coñecer ónde viven as cigalas. Tres piscinas exteriores acollen ademais focas, polbos e outras especies das costas do Atlántico Europeo.

 
 

PASEO MARÍTIMO:

O paseo marítimo da Coruña foi un proxecto longamente dexeado pola cidade. A Coruña, como moitas cidades costeiras españolas, construiu o seu espacio urbán de costas ó mar, posiblemente por razóns hixiénicas ou culturais, pero tamén por motivos militais. É precisamente á desafectación de espacios militais o que facilita unha operación que comenzou no 1986 e que continuará ata rodear prácticamente todo o contorno marítimo do municipio coruñes, 13 Kms en total.

 
 

CASTELO DE SAN ANTÓN:

Museo de contido histórico e arqueolóxico situado no castelo de San Antón, fortaleza construída entre os séculos XVI e XVIII para a defensa da cidade dos posibles ataques polo mar.

 
 

DOMUS:

A Domus o "Casa do Home" é o primeiro museo interactivo do mundo que trata global e monograficamente o ser human. Foi inaugurado o 7 de abril de 1995, e atopase no Paseo Maritimo de Riazor. O moderno edificio é obra do arquitecto Arata Isozaki. Na fachada que mira cara o mar hai unha estatua en bronce de Fernando Botero "Soldado Romano".

 
       
 
 
Hotel Maycar 2004. Tódolos dereitos reservados
c/ San Andrés 159. 15001 La Coruña. España. Telf: +34 981 226 000 Telf: +34 981 225 600, Fax: +34 981 229 208