Un moderno hotel para a cidade da Coruña, situado no centro financeiro, administrativo, comercial e turístico da cidade, a poucos metros do Auditorio Palacio da Ópera e Congresos e do novo Palacio de Cogresos e Exposicións (PALEXCO)

As Praias de Riazor e do Orzán están a menos de 50 metros do noso hotel.

 

 
 
 

Pola súa ubicación privilexiada, o noso hotel é o perfecto aloxamento para que as súas visitas de negocios, clientes, provedores e colaboradores, disfruten da comodidade dunha estancia cercana os seus centros de traballo.

Ofrécese un servizo de habitacións elegantemente deseñadas con baño completo, televisión e teléfono.

O seu excelente servizo, incluíndo kiosko de prensa diaria, revistas e libros, xunto coas súas instalacións, fan do Maycar un hotel tanto de empresas como de ocio.

A idoneidade da súa localización permite prescindir do automóbil, dispoñendo dun servizo de aparcamento subterráneo a poucos metros do hotel.

Servizo de almorzo
A cafetería do hotel permanece aberta as 24 horas e dispón de prensa escrita.

Atopámonos tamén no centro dos museos mais representativos da cidade.

A Domus
(Casa do Home)
É o primeiro museo interactivo do mundo que trata global e monográficamente o ser humán. Foi inaugurado o 7 de abril de 1995, e atópase no Paseo Marítimo de Riazor.

O Planetario
A Casa das Ciencias, aberta ó público o 1 de Xuño de 1985, está instalada no antigo Palacete do Parque de Santa Margarita. No seu interior existen catro salas adicadas a exposicións e un planetario.

Acuarium
(Casa dos peixes)
A Coruña creou un novo centro de divulgación científica, situado ós pés da Torre de Hércules, o lexendario faro romano que é simbolo da cidade.

 
 
Hotel Maycar 2004. Todos os dereitos reservados
c/ San Andrés 159. 15001 La Coruña. España. Telf: +34 981 226 000 Telf: +34 981 225 600, Fax: +34 981 229 208